Achegas da Psicoloxía 2011

O 7 de maio de 2011 celebrouse no restaurante da Casa DOMUS na cidade da Coruña o acto Achegas da Psicoloxía 2011, un encontro ao cal estaban invitados todos os colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, con motivo da III entrega do premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2011”. Este galardón foi creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da nosa profesión.

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acordou facer entrega do premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade”na súa edición de 2011 á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica. Fixo entrega do galardón Mª Rosa Álvarez Prada, Decana do COPG.

Neste evento tamén quixemos facer un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que cumpriron 25 anos de vida colexial de forma ininterrompida.