O GIPCE foi invitado a participar na IV Xornada Saudepol organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) co apoio da Asociación Unificada de Gardas Civiles e Vive CNP, que este ano se celebrou na Comisaría da Policía Nacional de Lugo o 30 de abril.
Galería
O 10 de abril as gipces Concepción López e Ana Núñez impartiron un obradoiro sobre o debriefing para o alumnado da materia "Intervención psicosocial en crise e trauma" do Máster Universitario en Psicología, especialidade en Intervención Social e Comunitaria, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A gipce e membro da Comisión Coordinadora Mª Carmen González Hermo impartiu o 28 de febreiro un seminario sobre Intervención psicolóxica con colectivos vulnerables en emerxencias para alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía da USC, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria.
A nosa compañeira Concepción López Martín impartiu o 20 de febreiro un seminario de dúas horas de duración para o alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria da Universidade de Santiago de Compostela.
O 25 de febreiro a coordinadora do GIPCE, Ana Núñez, participou na mesa redonda sobre asistencia psicolóxica e trauma na experiencia migratoria que se celebrou na Facultade de Psicoloxía da USC baixo o título: "Da ruta ao destino: violencias na experiencia migratoria".
Dentro do plan formativo anual para os integrantes do GIPCE o 22 de marzo de 2025 realizouse unha xornada técnica para revisar unha situación de intervención complexa do GIPCE. Neste caso a formación centrouse nunha intervención con morte por violencia de xénero acontecida uns anos antes.
O 1 de marzo tivo lugar a xuntanza anual de xefas de garda do GIPCE. O grupo de xefas de garda está formado por 15 integrantes veteranas do grupo de intervención GI-112 con ampla formación e experiencia que se fan cargo de recibir as chamadas do 112 e de xestionar os dispositivos ante as emerxencias.
O 23 de novembro celebrouse na Facultade de Psicoloxía o curso "A ética psicolóxica de emerxencias.
Desde o Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do GIPCE impartiuse a formación "A importancia do silencio nas intervencións" en formato webinar para psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Colexio Oficial de Psicoloxía das Illas Baleares.
O 19 de outubro o Colexio Oficial de Psicoloxía do Principado de Asturias celebrou a súa VIII Xornada de Intervención Psicolóxica en Emerxencias, adicada nesta ocasión á Intervención Psicolóxica en Accidentes de Tráfico e dirixida a diferentes profesionais do ámbito das emerxencias que poden estar implicados na atención inmediata en accidentes de tráfico.