Dende o 30 de marzo o GIPCE está participando no dispositivo de atención sanitaria á poboación refuxiada procedente de Ucraína que se está levando a cabo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Galería
Durante os meses de marzo e abril de 2022 impartíronse na Acaddemia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada tres edicións do Curso «Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias», dirixidos a voluntarios de Protección Civil e bombeiros.
O sábado 5 de febreiro de 2022, celebrouse a xuntanza anual das xefas de garda do GIPCE, que grazas ao seu traballo garanten a atención das emerxencias as 24 horas do día durante os 365 días do ano.
O 21 de xaneiro levouse a cabo un simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Peinador, Vigo, donde participaron varias persoas membro do GIPCE.
Tres integrantes do GIPCE participaron o día 18 de novembro no simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) da empresa CEPSA-MASIDE.
O 16 de novembro catro gipces participaron no simulacro realizado na Academia Galega de Seguridade Publica (AGASP) contemplado dentro do curso "Intervención en incidentes con múltiples vítimas".
Tres integrantes do GIPCE participaron o 5 de novembro, nun simulacro de accidente aéreo no aeroporto de Alvedro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »