Achegas da Psicoloxía 2012

O pasado 12 de maio de 2012 tivo lugar no Parador de Baiona (Pontevedra), un encontro dos colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, acto no que se fixo entrega do IV Premio "Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2012", galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña colaborado co COPG contribuíndo ao desenvolvemento da nosa profesión. Este ano concedeuse o premio á Directora do programa La Ventana da Cadena Ser, Gema Nierga Barris, polos espazos "Nikosia" e "La tertulia desde la cárcel". Foi un recoñecemento desde a nosa profesión ao compromiso e a sensibilidade que desde La Ventana se leva demostrando durante anos cos colectivos que son motivo destes espazos radiofónicos. Unha enorme labor de visualización e desestigmatización "cedendo semanalmente os micrófonos a "locos" e a "presos", fai que os muros que os separa da sociedade acaben sendo derribados ou polo menos máis permeables.

Neste acto homenaxeáronse aos compañeiros e compañeiras da profesión que cumpriron 25 anos de colexiación e deuse a benvida a aqueles que se incorporaron por primeira vez ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no ano 2011 facéndolles entrega dunha distinción colexial.