No marco do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias celebrado en Santiago de Compostela realizouse o día 4 de maio a reunión estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología, á que asistiron coordinadores e coordinadoras de todos os Grupos de Intervención Psicolóxica dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de España.
Galería
Máis de 400 asistentes participaron no I Congreso de Psicoloxía de Emerxencias que se celebrou na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os días 2, 3 e 4 de maio de 2024.
O 30 de abril a membro do GIPCE Ermitas Acevedo Rego participou cun relatorio sobre Comunicación de Malas Noticias nas III XORNADAS de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizadas polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia.
O 22 de abril as membros do GIPCE Concepción López Martín e Ana Núñez Rubines impartiron un taller sobre a técnica de debriefing para o alumnado da materia «Intervención psicosocial en crise e trauma», do Máster Universitario en Psicoloxía da USC.
Os días 10 e 11 de abril, Olegaria Mosqueda Bueno impartiu na Academia Galega de Seguridade Pública o curso "Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias" dirixido a membros de Protección Civil.
Os días 10 e 11 de abril, Olegaria Mosqueda Bueno impartiu na Academia Galega de Seguridade Pública o curso "Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias" dirixido a membros de Protección Civil.
O 15 de marzo realizouse o Simulacro Xeral de accidente aéreo no Aeroporto de Santiago baixo o suposto de accidente dunha aeronave comercial con destino a Málaga durante a manobra de despegue. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o PLATERGA en NIVEL 2 e tamén o Plan de Atención a Vítimas e Familiares.
Concepción López Martín, integrante do GI-112 e da Comisión Coordinadora do GIPCE, impartiu o seminario "Funcionamento do GIPCE e intervención con menores" este 7 de marzo ao alumnado da materia optativa "Intervención psicosocial en emerxencias e catástrofes" do Máster Universitario de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O GIPCE colaborou, por invitación do profesor da Facultade de Medicina da USC, Víctor Arce; co Proxecto LIFESTRAND (Life Support Training and Dissemination for Higher Education Institutions and Community Representatives living in Military Risk Areas of Ukraine and Georgia – Capacitación e difusión de soporte vital para institucións de Educación Superior e representantes comunitarios que viven e
O Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do GIPCE organizou unha xornada este 3 de febreiro sobre a importancia da xestión e manexo da información como ferramenta de coidado para as persoas intervenientes durante unha emerxencia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »