Galería

O 28 de outubro tivo lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o 5º Encontro das Policías Locais de Galicia organizado pola Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (AXEMPOL).

A Unidade de Saúde Mental da SEREMI de Saúde de Tarapacá (Chile) desenvolveu o 16 de outubro a V Xornada de Actualización en Saúde Mental en Emerxencias e Desastres 2025 en colaboración con SENAPRED, Hospital de Alto Hospicio, APS Iquique, APS Alto Hospicio, UST, UNAP, UTA, RIPE (Rede Internacional de Psicoloxía de Emerxencias), Consejo General de la Psicología de E

O 29 de agosto o GIPCE participou no 5° Congreso Internacional e 6° Simposio Nacional sobre a prevención do suicidio e a promoción da saúde mental en nenas, nenos, adolescentes e grupos vulnerables organizado pola Fundación Prevén A.C., FEMACPE SALUD e a Universidade La Salle Nezahualcoyotl de México.

Un ano máis o GIPCE participou no Simulacro Xeral Aeronáutico do Aeroporto de Vigo, que se realiza cada dous anos tal e como se contempla nos Plans de Autoprotección dos aeroportos. Nesta ocasión realizouse o 17 de setembro baixo o suposto dun accidente de aeronave durante a aterraxe causando 6 falecidos, 4 feridos moi graves, 8 feridos graves e 14 feridos leves e ilesos.

Na intervención en situacións de emerxencia é moi importante coñecer, por unha banda, as implicacións legais inherentes a este tipo de actuacións e, por outra banda, as obrigas legais e os dereitos que teñen os profesionais de intervención en emerxencias.

Entre o 12 e o 14 de xuño a coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, asistiu á VII Convención do Consejo General de la Psicología, que nesta ocasión se celebrou no Palacio de Congresos Baluarte de Pamplona.

Os días 6 e 13 de xuño cinco membros do GIPCE participaron nos simulacros de emerxencia forestal con activación do nivel 2 do PEIFOGA que tiveron lugar nos Concellos de Arbo e Oia, respectivamente.

Durante o mes de xuño, varios gipces impartiron cursos de formación para Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) co obxectivo de achegalos á importancia de atender á saúde mental e de proporcionarlles pautas de actuación ante diferentes situacións de emerxencia que se poden atopar durante o seu traballo.

O 31 de maio iniciamos o ciclo de conferencias en primeira persoa co que queremos visibilizar e dar a coñecer o traballo realizado por profesionais da Psicoloxía de Emerxencias de diferentes zonas de España en situacións de emerxencia de alto impacto na poboación.

O GIPCE foi invitado a participar na IV Xornada Saudepol organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) co apoio da Asociación Unificada de Gardas Civiles e Vive CNP, que este ano se celebrou na Comisaría da Policía Nacional de Lugo o 30 de abril.

Páxinas