O venres 15 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolleu a presentación-faladoiro "Protocolos Magallanes de avaliación de baixo rendemento e/ou fracaso escolar en Educación Primaria e Secundaria". Foi organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e coa colaboración do Grupo Albor-Cohs.
Galería
O 7 de novembro levouse a cabo na sede do COPG o Obradoiro "Intervencíon en situacións críticas no contexto educativo". Coordinado por Concepción López Martín, foi impartido por Julita Mª Touriño Araújo e Leonor Galiana Caballero, todas elas psicólogas membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.
O pasado 12 de xuño a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou na sede do COPG a Xornada “A atención temperá en Galicia. Situación actual”. Foi impartida por José Carlos Cardama Barrientos, Psicólogo e Director do Gabinete ARCA en Vigo, Especialista en Atención temperá e estimulación precoz e Premio Reina Sofía de Integración e Rehabilitación.
Os días 21 e 22 de marzo de 2014 celebrouse na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o Obradoiro “Programa de convivencia para a prevención da violencia escolar e o bullying. Programa TEI”. Foi impartido por Andrés González Bellido, Presidente da Sección de Psicoloxía da Educación do COP Catalunya.