O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.
O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia FOCAD en Psicoloxía coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiados e colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade etc.).
O programa consiste no estudo, e avaliación dos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/as psicólogos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).
Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, van ofrecer progresivamente os cursos das 58 edicións realizadas ao longo destes 18 anos, revisadas e actualizadas. Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e deséxalo, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.
A continuación presentamos a EDICIÓN Nº 59 (XANEIRO- MARZO 2026) , cos materiais que che podes descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial de FOCAD http://www.focad.es/, mediante clave personalizada (número de colexiado e NIF persoal), tal e como se che indica no espazo de axuda.
Desde o 23 de xaneiro e ata o 31 de marzo de 2026 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.
NOVA EDICIÓN FOCAD
- A PREVENCIÓN DA CONDUCTA SUICIDA: INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN DO RISCO.
- ATENCIÓN PSICOLÓXICA A FAMILIARES E ACHEGADOS EN CASOS DE DESAPARICIÓN DE PERSONAS.
- TERAPIA DIALÉCTICO CONDUCTUAL RADICALMENTE ABERTA. UN TRATAMENTO PARA O SOBRECONTROL.
- BULLYING EN PERSONAS MAIORES: CONCEPTUALIZACIÓN, AVALIACIÓN E PAUTAS PARA A PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN.
- INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA CON ADOLESCENTES E XENTE NOVA CO USO PROBLEMÁTICO DE VIDEOXOGOS.
FOCAD PARA DIVISIÓNS
Como membro da División podes realizar os cursos que a continuación se detallan.
Podes contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superados, recibir a correspondente certificación
FOCAD para División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e os Recursos Humanos
- INTELIxENCIA ARTIFICIAL NO TRABALLO: UNHA MIRADA DESDE A PSICOLOXÍA DAS ORGANIZACIÓNS **Novo
- A MEDIACIÓN, UNHA FERRAMENTA DE XESTIÓN
FOCAD para División de Educativa
- PREVENCIÓN DA AUTOLESIÓN E O SUICIDIO EN ENTORNOS EDUCATIVOS. RETOS E DESAFÍOS DO FUTURO NA ERA DIXITAL.
- FUNCIÓNS EXECUTIVAS: ENFOQUE NEUROPSICOLÓXICO CLÍNICO E EVOLUTIVO.
FOCAD para División de Psicoloxía da Actividad Física e do Deporte
- MANUAL DEPORTIVO PARA PERSOAS CON TRASTORNO MENTAL GRAVE.
- ESTRATEXIAS DE COACHING EN PSICOLOXÍA DO DEPORTE.
FOCAD para División de Psicoloxía Académica
- PISOCOONCOLOXÍA E PSICOLOXÍA PALIATIVA ANTE OS PROCESOS DE MORTE MEDICAMENTE ASISTIDOS.
FOCAD para División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade
- O ROL ACTUAL DO/A PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA NO PERMISO POR PUNTOS.
- A PSICOLOXÍA DO TRÁFICO E A SEGURIDADE NA NOVA MOVILIDADE.
FOCAD para División de Psicoloxía xurídica
- TRAUMA INFORMADO NO ÁMBITO DA XUSTIZA.
FOCAD para División de Psicoloxía de Intervención Social
- O TRABALLO EN EQUIPO INTERDISCIPLINAR NA PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN.
FOCAD para División de Psicoloxía Clínica e da saúde
- O MARCO DE PODER, AMEAZA E SIGNIFICADO. UNHA ALTERNATIVA AOS DIAGNÓSTICOS PSIQUIÁTRICOS ACTUAIS.
- SAÚDE MENTAL DIXITAL: INNOVACIÓN, REGULACIÓN E PRÁCTICA CLÍNICA NA ERA DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL.
FOCAD para División de Psicoterapia
- MAPAS PARA A FORMULACIÓN DE CASOS.
- VALORACIÓN DA ESQUIZOFRENIA NEGATIVA: ALGUNHAS APORTACIÓNS Á AVALIACIÓN E O SEU IMPACTO EMOCIONAL.
- TERAPIA DIALÉCTICO CONDUCTUAL RADICALMENTE ABERTA. UN TRATAMENTO PARA O SOBRECONTROL.
- ABORDAXE INTEGRAL DOS TRASTORNOS ALIMENTARIOS. A PERSOA EN RELACIÓN.

