O 6 de febreiro de 2009 tivo lugar en Santiago de Compostela o acto Achegas da Psicoloxía, un encontro de colexiados/as do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do acto de entrega do premio "Dolores LLópiz: Psicoloxía e Sociedade 2009". A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere facer público o recoñecemento da persoa á cal lle outorga este galardón na súa edición de 2009 por ter contribuído á sensibilización social coa divulgación da Psicoloxía nos medios de comunicación dende hai moitos anos. Sempre disposto a colaborar co Colexio coa súa entrega e dedicación desinteresada. Por todo elo, concédese o premio Dolores Llópiz. Psicoloxía e Sociedade 2009 ao xornalista Joel Gómez.
Neste evento tamén tivemos ocasión de facer un recoñecemento aos/ás compañeiros/as que cumpriron 25 anos de vida colexial de forma ininterrompida.
Achegámonos a Compostela e celebrámolo no entorno incomparable que nos ofreceu o Hotel Monumento San Francisco, marco ideal non só para compartir un xantar, senón tamén para dar un percorrido a través da