O Conselleiro de saúde, nun almorzo informativo organizado por Executive Forum España, falou das medidas que están contemplando para o próximo Plan de Saúde Mental de Galicia. Tras que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lle plantexase que medidas contemplan para solucionar problemas como as listas de espera de 6 meses ou máis, Gómez Camaño respondeu que non era viable ter un psicólogo en cada centro de saúde pero «Lo que sí podemos hacer es, desde la [atención] hospitalaria, poner una red de psicólogos clínicos que vayan a cubrir la Atención Primaria».