10/6/2025
Búscase psicólogo/a autónomo/a infanto-xuvenil, co Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, para o Centro Multidisciplinar Tangram, en Ribadeo (Lugo).
As funcións a realizar son:
- Avaliación e intervención en nenos e nenas, e adolescentes con trastornos emocionais ou/e risco de padecelos.
- Elaboración de informes de avaliación, seguimento...
- Coordinación co resto do equipo, cos centros escolares e cos diferentes profesionais sanitarios que atenden ao/á menor.
Dispoñibilidade mínima de dúas tardes á semana.
Experiencia en avaliación e intervención con poboación infanto-xuvenil.
Empatía, compromiso e habilidades de comunicación con menores e familias.
Valorarase formación en método Diverlexia.
As persoas interesadas poñerse en contacto con:
Aravela Otero Justo
Tlfn.: 622 761 991
E-mail: info@tangramribadeo.com