O COPG concede o galardón Dolores Llópiz: Psixoloxía e sociedade a James Rhodes

O pasado venres 6 de xuño celebrouse no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela a Gala da Psicoloxía Galega 2025 “Achegas da Psicoloxía”, organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). O evento, xa consolidado como unha cita anual imprescindible para os e as profesionais da psicoloxía, serviu como espazo de encontro, celebración e posta en valor do papel fundamental que a psicoloxía desempeña en todos os ámbitos da sociedade. Un dos momentos máis destacados da gala foi a entrega do galardón Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade, que nesta edición recoñeceu o pianista James Rhodes polo seu compromiso na sensibilización sobre os problemas de saúde mental, a protección dos dereitos da infancia e a defensa da accesibilidade á atención psicolóxica de xeito universal.