Servizo PIN 24 horas

A continuación deixamos información sobre o servizo PIN 24 horas (PIN24H) que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a identificación na sede electrónico do COPG para as persoas que non dispoñen de certificado dixital e así poder realizar calquera trámite de xeito telemático na mesma con total seguridade.

Máis información

22/7/2021

Convocatoria de Probas Selectivas ao Corpo Superior de Técnicos de Instituciónes Penitenciarias

Informamos sobre a convocatoria de probas selectivas para ingreso polo sistema xeral de acceso libre ao Corpo Superior de Técnicos de Institucións Penitenciarias, Subgrupo A1, das cales 30 prazas son de psicólogos e psicólogas. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de agosto de 2021. 

14/7/2021

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fai un chamamento a ser #RRSSponsable nas emerxencias

O COPG, a través do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, GIPCE, deseñou unha campaña coa que sensibilizar sobre a necesidade de actuar con responsabilidade nas emerxencias e catástrofes sobre o contido que divulgamos a través das nosas redes sociais, baixo a etiqueta #RRSSponsable

7/7/2021

XI Edición do Premio Psicofundación Mozos/as Psicólogos/as Emprendedores 2021

Psicofundación convoca a XI Edición do Premio Psicofundación Mozos/as Psicólogos/as Emprendedores 2021, co patrocinio da Facultade de Psicoloxía UNED, Centro de Enseñanza Superior Cardenal Cisneros, Universidad Camilo José Cela, Universidad Nebrija, Facultad de Psicología de la Universidad Complutense de Madrid, Giuntieos Psychometrics e TEA Ediciones, en colaboración co Consejo General de la Psicología de España (COP) e a Feder

23/6/2021

Proclamación definitiva de resultados X. D. Psicoloxía Educativa do COPG

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Educativa, comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral: 

Con data 22 de xuño de 2021, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:

22/6/2021

Aviso en relación ao Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios

Nestes días, o Ministerio de Sanidade está enviando unha mensaxe por orreo electrónico aos centros sanitarios desde o enderezo reps@mscbs.es, co asunto "INFORMACIÓN SOBRE EL REGISTRO ESTATAL DE PROFESIONALES SANITARIOS (REPS)". 

Este correo é auténtico e procede do Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios (REPS) e vai dirixido ás persoas titulares de centros sanitarios para que comuniquen os datos dos/as profesionais sanitarios/as que traballan en cada centro. 

10/6/2021

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra a importancia de coidar o aspecto psicolóxico na seguridade viaria

 
Entre o 17 e o 23 de maio conmemórase a Semana Mundial da Seguridade Viaria, auspiciada pola Organización das Nacións Unidas, que nesta edición se enmarca dentro da campaña #Love30, en defensa dunhas contornas urbanas máis humanas e reclamando a redución da velocidade máxima de circulación dos vehículos a 30 quilómetros por hora. Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sumámonos a esta iniciativa Streets for Life, e facemos énfase na importancia de que as áreas urbanas sexan máis seguras, saudables, verdes e habitables. 
 
21/5/2021

Páxinas

Subscribe to