Curso "Xestión de conflitos na comunidade"

5/10/2017

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración do Concello de Santiago de Compostela a través da Concellaría da Área de Política Social, Diversidade e Saúde, organiza o vindeiro sábado 14 de outubro de 2017 o curso "Xestión de conflitos na comunidade” que se celebrará no Salón de Actos do COPG (Rúa Espiñeira, 10 – baixo  |  15706 Santiago de Compostela).

 Será impartido por Yolanda Muñoz Hernán, psicóloga responsable da fundación Gizagune (Esukadi). Conta cunha ampla experiencia na transformación dos conflitos e en diversas metodoloxías de xeración de consensos e procesos de toma de decisións dialogadas.

 O curso é gratuíto para os psicólogos e psicólogas colexiadas e terán preferencia na admisión as persoas que realizaron o curso “Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria I”, organizado por este Colexio Oficial en novembro e decembro de 2016.

 O último día de inscrición é o 11 de outubro de 2017.

 Tríptico [ ver pdf ]