Psicólogo/a Sanitario/a Online

16/5/2024

Empresa: Psicoloxía Online Avanzada
Lugar: Online
Prazas: 6

Funcións:
- Necesítase psicólogo/a sanitario/a para prestar servizo a través dunha plataforma de Terapia psicolóxica Online.
- Necesitamos unha persoa proactiva, con competencias técnicas e interpersoais e unha firme adhesión ao Código Deontolóxico que regula a profesión.
- Traballo desde casa de maneira online con posibilidade de facelo de forma presencial.
- Intervención psicolóxica a través de plataforma psicolóxica online.
- Xestión dos pacientes.

Requisitos:
- Estar colexiado/a.
- Licenciatura/Grao en Psicoloxía.
- Formación de posgrao orientación cognitivo conductual / terceira xeración / integradora.
- Habilitación para exercer actividades sanitarias.

Outros aspectos:
- Valorable experiencia.
- Importante o coñecemento básico de aplicacións informáticas.

Condicións:
- Xornada flexible.
- Contrato por conta propia.

Persoas interesadas deberán enviar o seu currículo ao seguinte enderezo de correo electrónico: empleo@psicologiaavanzada.es ata o 7 de xuño de 2024.