O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama garantir a accesibilidade á atención psicolóxica para atender a postemerxencia da COVID-19
O COPG pon o foco nos centros de saúde, nos centros educativos e nos Servizos Sociais comunitarios.
- O Colexio de Psicoloxía presentou un documento á Administración galega no que recolle un resumo do impacto psicolóxico da emerxencia sanitaria pola COVID-19 nos ámbitos da saúde, a educación, a política social, as organizacións, o xurídico, a mobilidade e o deporte.