Actualización do Protocolo de exploración médico-psicolóxica para Centro de Recoñecemento de Conductores.

O Consejo General de la Psicología, a través da División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade (PsTyS), colaborou na actualización do Protocolo de exploración médico-psicolóxica para Centros de Recoñecemento de Conductores. Traballouse a actualización de tres áreas de intervención: valoración, risco e consello.

O 23 de xulo presentouse na Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a actualización do Protocolo, na cal participou Eva Muiño Gómez, coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e vogal da División PsTyS.

4/7/2022

Ampliase o prazo de presentación de comunicacións libres nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa.

Comunícase a ampliación ata o 15 de xullo de 2022 do prazo de presentación para comunicacións libres nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa. 

Os traballos poden presentarse en calquera dos idiomas oficiais das Xornadas (Galego, Castelán e Portugués) e deben ser en formato póster. Para o envío das propostas cómpre que empregues o formulario para a presentación habilitado na web das Xornadas. [Accede ao enlace]

1/7/2022

XII Edición Premios Psicofundación, novas iniciativas de emprendemento en Psicoloxía 2022

A Fundación Española para a Promoción e o Desenvolvemento Científico e Profesional da Psicoloxía (PSICOFUNDACIÓN) convoca a XII Edición Premio Psicofundación, novas inciciativas de emprendemento en Psicoloxía 2022, co patrocinio de varias universidades do territorio español, en colaboración co Consejo General de la Psicología de España, a Federación Iberoamericana de Agrupaciones y Colegios de Psicología (FIAP).

15/6/2022

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama no Parlamento de Galicia a incorporación de psicólogos/as educativos para traballar a igualdade nos centros de ensino

O 9 de xuño,  a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; Mª Rosa Álvarez Prada, sinalou a prevención a través da psicoloxía educativa nos centros de ensino de Galicia como a clave para erradicar, desde a base, as violencias machistas e traballar con eficacia pola igualdade. Así o indicou na súa comparecencia no Parlamento de Galicia na Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres.

10/6/2022

Manifesto "Medidas para mellorar o benestar da comunidade educativa"

O pasado 9 de xuño difundiuse o manifesto "Medidas para mellorar o benestar da comunidade educativa", que se presentou na web https://bienestareducativo.org/

É unha iniciativa impulsada desde o Consejo General de la Psicología, xunto con outras organizacións do mundo educativo: CANAE, CEAPA, CONCAPA, Sindicato de Estudiantes e STES-Intersindical.  Invítase a todas as organizacións da sociedade e á cidadanía en xeral a subscribilo tamén.

10/6/2022

Dolores Mosquera e Xabier Macías, Premios Profesional Colexiado/a 2020 e 2021

Xabier Macías e Dolores Mosquera, membros do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, recibiron o Premio Profesional Colexiado/a 2020 e 2021, respectivamente, que outorga Unión Profesional de Galicia en recoñecemento á excelencia dos profesionais colexiados/as que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia. O acto de entrega tivo lugar o 27 de maio, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

9/6/2022

Páxinas