Novo formato da Circular Informativa do COPG
A Circular Informativa do COPG muda a unha publicación online. Co obxectivo de mellorar a comunicación cos colexiados e colexiadas, e tamén coa sociedade, a Circular Informativa do Colexio, con case 300 números publicados, dá un salto á rede nunha publicación electrónica.
Esta transformación permitirá achegar unha información permanentemente actualizada, visualmente atractiva e con todas as posibilidades que ofrece a linguaxe multimedia.