O xurado da XIV Edición do Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas” acordou por unanimidade outorgar o premio ás seguintes obras:
Gañadora na modalidade de narrativa:
Título: "Mais querendo non velo, é.
Autora: Laura Dorado Nogueiras, colexiada G-5568
Mención especial na modalidade de narrativa:
Título: O meu compañeiro
Autora: Lidia Rial Calvo, colexiada G-5967
Gañadora na modalidade de poesía:
Título: Marusía
Autora: Charo Valcárcel Mato
A entrega de premios celebrouse o martes 13 de decembro na Sala de Conferencias de Abanca Obra Social en Santiago de Compostela.