Galería

O sábado 13 de xuño, a Sección de Psicoloxía da Intervención Social organizou o obradoiro "Aproximación ao audiovisual como ferramenta na intervención psicolóxica" na sede do COPG. Foi impartida por Ana Seijo Cuba, Psicóloga, DEA en Psicoloxía Social; e por Sabela Pernas Soto, realizadora e docente audiovisual.

O obradoiro tiña como finalidade das a coñecer a metodoloxía de VideodinamizArte, que emprega a creación audiovisual como ferramenta de intervención psicolóxica. A democratización tecnolóxica fai accesible este medio a diversos colectivos, que poden participar como axentes activos e creadores, reflectindo a súa realidade social e persoal. Esta ferramenta resulta atractiva para a mocidade (nativos dixitais) e tamén, dende o noso método, achegámola a diferentes xeracións e colectivos, contribuíndo a rachar a fenda dixital. A metodoloxía proposta tomo como premisa que a medida en que miramos e encadramos a nossa realidade, mirámnos e encadrámonos a nós mesmos.

  • momento do obradoiro
  • asistentes ao obradoiro
  • asistentes ao obradoiro

O pasado día 5 de marzo de 2016, a Sección de Psicoloxía da Intervención Social, organizou no salón de actos do COPG, a primeira xornada formativa para colexiados e colexiadas, "Atención Psicolóxica a Persoas Refuxiadas".

  • Asistentes ao curso
  • Momento da xornada
  • Momento da xornada

O pasado sábado 7 de maio celebrouse no salón de actos do COPG, a II Xornada de atención psicolóxica a persoas refuxiadas.

  • Momento da xornada
  • Momento da xornada
  • Relatoras da xornada

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social organizou a "Xornada: Saúde emocional para profesionais da psicoloxía da intervención social", que tivo lugar no Hotel Hesperia Peregrino en Santiago de Compostela, o pasado día 5 de novembro de 2016.

Os obxectivos desta xornada foron recoñecer e xestionar ás emocións saudables, mellorar as nosas capacidades profesionais e aprender a afrontar situacións de alto nivel de tensión emocional e previr as nosas as nosas reaccións ante elevados e prolongados niveis de estrés.

A metodoloxía empregada foi teórico-práctica que persegue a participación activa dos asistentes, rematando con unha resolución de casos e debate.

  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada
  • Asistentes á xornada

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG organizou unha “Sesión Informativa da Sección de Psicoloxía da Intervención Social”  o sábado 18 de novembro de 2017.

A Sesión Informativa pretendía introducir no contexto dos Servizos Sociais en xeral e con persoas maiores en particular. Tamén dar a coñecer a organización Psicoloxía Sen Fronteiras (PSF) e o papel que esta desempeña.

  • Sesión informativa
  • Sesión informativa
  • Sesión informativa

O día 15 de decembro de 2018, celebrouse na sede colexial o “Obradoiro Mellora do benestar de persoas con demencia mediante o manexo da conduta adecuada das alteracións. Centrándonos na persoa, non na alteración” organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

O obxectivo do obradoiro foi traballar en estratexias non farmacolóxicas prácticas coas que abordar as alteracións de conduta que frecuentemente aparecen en persoas con demencia, desde unha perspectiva centrada na persoa. 

  • Asistentes ao obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro