AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

O Colexio de Psicoloxía de Galicia iniciou máis de 30 actuacións por intrusismo en 2017

9/1/2018

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia iniciou un total de 31 expedientes por posible intrusismo profesional en 2017, a través da súa Comisión para a Defensa da Profesión e para a Prevención do Intrusismo. As actuacións abertas recollen diversas casuísticas, entre elas as de exercer funcións propias da psicoloxía sen contar coa titulación, por publicidade enganosa, por estar a exercer sen a colexiación obrigatoria ou por anunciarse como especialista en psicoloxía clínica sen contar con esta especialidade.

Grupo de traballo do COPG co Colexio de Xornalistas

14/12/2016

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Comisión para a Defensa da Profesión e para a Prevención do Intrusismo, acordou formar un grupo de traballo xunto co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O obxectivo deste grupo de traballo é realizar un estudo a través do que se acade un equilibrio entre as dúas profesións: o dereito a informar garantindo o benestar psicolóxico das persoas.