Curso "Ferramentas terapéuticas para o manexo da disociación en situacións de emerxencias"

O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG vai celebrar o día 28 de febreiro o curso “Ferramentas terapéuticas para o manexo da disociación en situacións de emerxencia”, no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Este curso está dirixido para os membros do GIPCE-112 e GIPCE-COPG, con todo, acordouse reservar 9 prazas para persoas que teñan interese nesta temática ou desexen ampliar a súa formación neste eido.

20/2/2026

Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 18 "Fendas"

Lembrámosche que se atopa á túa disposición na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o número 18 do Anuario Psicoloxía e Saúde “FENDAS”  (ISSN: 2444 – 6653),  publicación que edita anualmente a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.

Pódese acceder á publicación, premendo no seguinte enlace:

https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/publicacions/anuario_n_18.pdf

12/2/2026

«Unha ollada sobre pobreza e saúde mental» - Tempo da Psicoloxía

A oitava edición de Tempo da Psicoloxía desenvolverase os días 24 e 25 de febreiro, que leva por título «Unha ollada sobre pobreza e saúde mental», a través dunha palestra e unha conferencia organizadas conxuntamente entre a Facultade de Psicoloxía e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Como é habitual, estará aberto a todo o público interesado, con carácter gratuíto, e poderá seguirse de xeito presencial no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía así como en liña, vía streaming a través da web https://tempodapsicoloxia.gal/.

28/1/2026

V Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, convoca a V edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, co que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía.

Están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.

A primeira é o Premio Xornalístico do COPG, ao que poderán concorrer os e as xornalistas que publicasen ou emitisen algún traballo en relación coa Psicoloxía.

23/1/2026

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o 30º aniversario do GIPCE cunha exposición fotográfica

O que hoxe coñecemos como GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG tivo a súa orixe nun momento de incerteza social. No ano 1996, unha serie de movementos sísmicos na zona de Triacastela sementaron o temor entre a poboación. Ante aquela necesidade, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) creou o Grupo de Traballo sobre Protección Civil, a semente dun servizo que hoxe é un piar fundamental na asistencia de crises en Galicia.

21/1/2026

Boletín Infocop TV – Programa 43 do Consejo General de la Psicología

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia informamos da publicación do Boletín Infocop TV – Programa 43, do Consejo General de la Psicología.

Neste programa preséntanse contidos de actualidade e interese para a profesión psicolóxica, con información relevante relacionada coa práctica profesional, a investigación e a realidade social na que intervén a psicoloxía.

12/12/2025

Aprazamento da entrada en vigor do sistema Verifactu

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-lei este martes 2 de decembro que inclúe unha modificación do Real Decreto 1007/2023, do 5 de decembro, que establecía os requisitos que deben cumprir os sistemas informáticos de facturación de pemes e persoas autónomas, coñecido como Regulamento Verifactu. A principal novidade é o aprazamento dun ano da súa entrada en vigor, que pasa a fixarse en 2027.

4/12/2025

Páxinas

Subscribe to