Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unímonos á dor da nosa Comunidade ante a vaga de lumes
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unímonos á dor pola vaga de incendios que asola a nosa terra, con miles de hectáreas arrasadas e que provoca un inmenso sufrimento ás persoas que se ven máis directamente afectadas polos seus efectos devastadores.
Toda a nosa solidaridade.
ExpoFamilia 25 - Desconto para persoas colexiadas do COPG
Os vindeiros 13 e 14 de setembro terá lugar no recinto ferial Expourense a segunda edición de ExpoFamilia, a Feira da Saúde e o Benestar na Familia. O evento reunirá profesionais de ámbitos como a psicoloxía, a educación, a pediatría ou a nutrición, nun espazo pensado para achegar recursos e experiencias ás familias.
Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG
En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2021, a Xunta Directiva, na súa reunión de 26 de xuño de 2025, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA E SAÚDE DO COPG.
Fallo da XIV edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía
O Comité Seleccionador da XIV Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, reunido en Santiago de Compostela o 7 de maio de 2025, acordou a concesión da Beca ao proxecto “Efectos dun adestramento de Realidade Virtual en pacientes con enfermidade de Parkinson”, presentado por Juan Esteban Fernández Torrego, colexiado G-7317.
Desde o Colexio, agradecemos a participación a todas as persoas que presentaron os seus proxectos nesta edición e non resultaron adxudicatarios da beca.
Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde
A próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde, celebrarase online o día 23 de setembro de 2025 de 9:30 a 11:30 horas.
X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental
O vindeiro 18 de outubro de 2025, Santiago de Compostela acollerá a X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, baixo o lema: “Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente.”
XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde
Este ano terán lugar as XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, baixo o lema "Recalculando ruta", os días 6, 7 e 8 de novembro de 2025 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Xa podes marcar a data na túa axenda para non perder esta edición tan especial, na que celebramos o 30º aniversario das Xornadas.
Nas vindeiras semanas publicaremos o programa completo e abriremos o prazo de inscrición.
XV Premio Psicofundación, Jóvenes Iniciativas de Emprendimiento en Psicología Mercedes Rodrigo Bellido 2025
A Fundación Española para la Promoción y el Desarrollo Científico y Profesional de la Psicología (PSICOFUNDACIÓN) convoca o XV Premio Psicofundación, Jóvenes Iniciativas de Emprendimiento en Psicología Mercedes Rodrigo Bellido 2025, co patrocinio do Centro de Enseñanza Superior Cardenal Cisneros, Facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid (UCM), Universidade Nebrija, Hogrefe Tea Ediciones, Universidade Camilo José Cela e Banco Sabadell Professional, en colaboración co Consejo General de la Psicología de
Curso “O terapeuta centrado no erro. Estratexias para optimizar os resultados en psicoterapia”
A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “O terapeuta centrado no erro. Estratexias para optimizar os resultados en psicoterapia”, que se celebrará o 4 de outubro de 2025, tanto en modalidade presencial en Santiago de Compostela como en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos desenvolver estratexias para establecer fortes alianzas terapéuticas e optimizar os resultados en psicoterapia.
Páxinas
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
