IV Encontro Titores-Residentes “Desafíos en atención primaria”

A Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes (AGAPIR), xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Asociación de Psicoloxía Clínica do SERGAS, organiza o IV Encontro Titores-Residentes “Desafíos en atención primaria”.

O encontro terá lugar o venres 17 de abril de 2026, en horario de 9:30 a 15:00 horas, na aula 3 do Aulario do Novoa Santos (Edificio Roberto Novoa Santos. Rúa Choupana, s/n) en Santiago de Compostela.

12/3/2026

Curso “Non hai benestar sen benestar dixital. Claves para a promoción do uso seguro e saudable da tecnoloxía dende o eido educativo”

O curso organizado pola Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, celebrarase o 10 de abril en modalidade presencial, no salón de actos do COPG e, en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle e Zoom.

O curso ten como obxectivos:

12/3/2026

Curso "Psicoterapia en trauma relacional"

Esta 4ª edición celebrarse o 5 de xuño de 2026 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

9/3/2026

I Simposium Pericial de Unión Profesional de Galicia

Unión Profesional, do que o COPG forma parte, celebrará o vindeiro 14 de marzo o I Simpósium Pericial de Unión Profesional de Galicia "O informe pericial profesional como elemento clave na Administración de Xustiza".

O Simpósium está aberto a todas as colexiadas e colexiados dos Colexios Profesionais socios de Unión Profesional de Galicia. A inscrición será gratuíta para as colexiadas e colexiados pertencentes a Colexios socios de Unión Profesional de Galicia, como é o caso do COPG. 

4/3/2026

Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 18 "Fendas"

Lembrámosche que se atopa á túa disposición na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o número 18 do Anuario Psicoloxía e Saúde “FENDAS”  (ISSN: 2444 – 6653),  publicación que edita anualmente a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.

Pódese acceder á publicación, premendo no seguinte enlace:

https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/publicacions/anuario_n_18.pdf

12/2/2026

Páxinas

Subscribe to