O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Abordaxe das intervencións en emerxencias con menores”, que se celebrará o día 11 de marzo de 2023 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso pretende abordar unha intervención con menores afectados por unha situación de emerxencia e adquirir ferramentas para a xestión do proceso do dó nos menores.
Para a inscrición é necesario enviar o boletín de inscrición cumprimentado ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 1 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.
Programa [versión galego]
Boletin de inscrición [versión galego]
Programa [versión castelán]
Boletin de inscrición [versión castelán]