Curso “Claves para a mellora do rendemento deportivo a través da psicoloxía”

A Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Claves para a mellora do rendemento deportivo a través da psicoloxía”, que se celebrará o día 25 de maio de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos aprender as claves psicolóxicas do rendemento deportivo, adquirir ferramentas de traballo para o alto rendemento e coñecer casos prácticos en psicoloxía deportiva.

23/4/2024

Últimos días para a inscrición no I Congreso de Psicoloxía das Emerxencias

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia informamos que este 20 de abril remata o prazo de inscrición para o I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias "Sostendo emocións nas emerxencias", que se celebra os días 2, 3 e 4 de maio de 2024 tanto en modalidade streaming como presencial en Santiago de Compostela.

O programa e o formulario de incrición está dispoñible na páxina web do Congreso.

12/4/2024

XVI Concurso Literario do COPG "Rosa de Cen Follas"

A Comisión de Cultura do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca o XVI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”.  As obras, que serán de tema libre, deberán presentarse á modalidade de poesía ou á modalidade de narrativa e deberán estar escritas en lingua galega.

O prazo de admisión remata o 31 de maio de 2024. Podes consultar as bases no seguinte enlace.

11/4/2024

Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

A vindeira sesión do Grupo de Traballo de Intervisión celebrarase online o día 21 de maio de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 16 de maio. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.

11/4/2024

Achegas da Psicoloxía Galega 2024

O día 7 de xuño celebraremos Achegas da Psicoloxía no Pazo do Mosteiro (Mosteiro, 14. 36740 Tomiño. Pontevedra) e neste evento faremos entrega do Premio “Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade 2024”, galardón creado para distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da nosa profesión.

1/4/2024

Curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”, que se celebrará o día 11 de maio de 2024 na sede co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.

O curso pretende dotar aos participantes dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para comprender, aplicar e promover os principios fundamentais da xustiza restaurativa.

21/3/2024

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2020, a Xunta Directiva, na súa reunión de 9 de marzo de 2024, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA DO COPG.

13/3/2024

O COPG amplía a súa presenza dixital co lanzamento da canle de WhatsApp

No esforzo constante para fortalecer a comunicación e a interacción coas colexiadas e colexiados, así como co público xeral, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deu un novo paso ao incorporar unha canle de WhatsApp á súa crecente presenza dixital, á que podes unirte neste enlace (https://whatsapp.com/channel/0029VaCnLra5Ui2cyWU5qP2l)

29/12/2023

Páxinas

Subscribe to