II Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía

13/1/2022

O Máster en Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizan o II Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía, que se celebrará o 10 de febreiro de 2022 en horario de 16:30 a 18:30 horas a través da plataforma Zoom.

Neste encontro impartirase a conferencia “Desenvolvemento da xeratividade en contextos xerontolóxicos” e a mesa redonda “Intervención psicosocial e educativa no proceso de envellecemento. Experiencias durante o confinamento e necesidades post-pandemia”.

Se é o deu interese, inscríbete de xeito gratuíto enviando un correo electrónico cos teus datos a david.facal@usc.es

A data límite de inscrición é o 3 de febreiro de 2022