Curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”
A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”, que se celebrará o 23 e 24 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
O curso ten como obxectivos adquirir coñecementos para a detección e abordaxe acerca da área de coñecemento tratada, fomentando a interacción e a aprendizaxe práctica das persoas participantes.