O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia únese ao comunicado do Movemento Galego de Saúde Mental no Día Internacional dos Dereitos Humanos

Hoxe, día 10 de decembro, é o Día Internacional dos Dereitos Humanos e desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos salientar a necesidade urxente de avanzar cara a unha atención en saúde mental libre de vulneracións de dereitos e con compromiso real coa contención cero.

A continuación remitimos o comunicado do Movemento Galego de Saúde Mental ao que nos unimos desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

“SAÚDE MENTAL SEN ATADURAS. CONTENCIÓNS CERO”

Día Internacional dos Dereitos Humanos 2025

10/12/2025

Aprazamento da entrada en vigor do sistema Verifactu

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto-lei este martes 2 de decembro que inclúe unha modificación do Real Decreto 1007/2023, do 5 de decembro, que establecía os requisitos que deben cumprir os sistemas informáticos de facturación de pemes e persoas autónomas, coñecido como Regulamento Verifactu. A principal novidade é o aprazamento dun ano da súa entrada en vigor, que pasa a fixarse en 2027.

4/12/2025

Fallo do XVII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”

O pasado 28 de outubro de 2025 celebrouse a xuntanza do xurado do XVII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández, Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de “La Voz de Galicia”, Xoel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta ocasión os premiados son:

Categoría de poesía

Gañador:

28/11/2025

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O 25 de novembro é unha data que nos convida a reflexionar e actuar ao redor dunha problemática que afecta a millóns de mulleres en todo o mundo: a violencia de xénero. Esta violencia maniféstase en diversas formas, e na base de todas elas atópanse as violencias simbólicas.

25/11/2025

Proclamación definitiva de resultados eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Con data 21 de novembro de 2025, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:

 

PAULA MARCOS CARREGAL  (G-5704), presidenta

ISABEL FIGUEROA MATALLÍN (G-3539), vicepresidenta

MARÍA VILLARINO GONZÁLEZ  (G-5078), secretaria

EDUARDO MARTÍNEZ LAMOSA  (G-4199), tesoureiro

21/11/2025

Novo sistema de facturación (Verifactu)

Poñemos no teu coñecemento as novidades e obrigas que comporta a implantación do novo sistema de facturación e que vai ser de obrigado cumprimento para aqueles empresarios e profesionais (persoas físicas e xurídicas) que expidan facturas a partir de xaneiro de 2026 sempre e cando cumpran as seguintes condicións:

    - Que non facturen exclusivamente de forma manual.

    - Que non estean adscritos ao Sistema de Suministro Inmediato de Información.

    - Que non teña domicilio fiscal no País Vasco ou Navarra.

24/10/2025

Páxinas

Subscribe to