Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG

5/7/2019

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2015, a Xunta Directiva, na súa reunión de 29 de xuño de 2019, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN SOCIAL DO COPG.

 A data da Xornada Electoral será o XOVES, 10 DE OUTUBRO DE 2019 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo presidente, a secretaria e unha vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.

 Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Intervención Social [ver pdf]

 Calendario electoral  [ver pdf]

  Normas de voto [ver pdf]