Sesión formativa "Valoración psicolóxica e trastornos mentais en relación á seguridade viaria"
O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a sesión formativa “Valoración psicolóxica e trastornos mentais en relación á seguridade viaria”, que se celebrará o día 7 de xuño no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O obxectivo desta sesión formativa é adoptar coñecementos básicos en saúde mental para a interpretación de informes psicolóxicos destinados á valoración da idoneidade de cara á condución de vehículos de uso persoal.