O 10 de xullo celébrase o Día Mundial do Vehículo de Movilidad Persoal (VMP)

No Día Mundial do Vehículo de Movilidad Persoal (VMP) desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Consejo General de la Psicología celebramos esta data dedicada a resaltar a importancia destes medios de transporte sostibles nas nosas cidades. Neste día, queremos centrarnos nos patinetes eléctricos, unha opción cada vez máis popular e cómoda para desprazamentos eficientes e respectuosos co medio ambiente.
 
10/7/2024

Proclamación definitiva de resultados eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica, comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral:

Con data 5 de xullo de 2024, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:

5/7/2024

“Facendo encontro, tecendo rede” - I Xornada de Traballo das Seccións de Psicoloxía e Saúde e Psicoloxía Educativa

I Xornada de Traballo das Seccións de Psicoloxía e Saúde e Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Facendo encontro, tecendo rede”.

Trátase dunha Xornada que se celebrará o día 19 de outubro de 2024 en Santiago de Compostela e en modalidade online:

17/6/2024

Curso “Fundamentos de Diálogos Abertos en Saúde Mental”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Fundamentos de Diálogos Abertos en Saúde Mental”.

Trátase dun curso cunha duración de 132 horas que comeza o 25 de outubro de 2024 e remata o 14 de xuño de 2025, que se desenvolverá con sesións presenciais en Santiago de Compostela e con sesións online.

12/6/2024

Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

A vindeira sesión do Grupo de Traballo de Intervisión celebrarase online o día 24 de setembro  de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 19 de setembro. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.

12/6/2024

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reúnese co novo Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

O día 29 de maio, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, mantívose unha xuntanza entre a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, e Fátima López Rodríguez, coordinadora da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero xunto co Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba Alvedro, e coa Subdirectora Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Patricia Fernández López.

1/6/2024

O COPG amplía a súa presenza dixital co lanzamento da canle de WhatsApp

No esforzo constante para fortalecer a comunicación e a interacción coas colexiadas e colexiados, así como co público xeral, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deu un novo paso ao incorporar unha canle de WhatsApp á súa crecente presenza dixital, á que podes unirte neste enlace (https://whatsapp.com/channel/0029VaCnLra5Ui2cyWU5qP2l)

29/12/2023

Páxinas

Subscribe to