Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

A próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde, celebrarase online o día 15 de outubro de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 10 de outubro. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.

30/9/2024

I Encontro Galego Interprofesional de RRHH: “Liderar e comunicar no contorno actual: O cambio necesario”

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA), organiza o I ENCONTRO GALEGO INTERPROFESIONAL DE RRHH.

30/9/2024

“Facendo encontro, tecendo rede” - I Xornada de Traballo das Seccións de Psicoloxía e Saúde e Psicoloxía Educativa

I Xornada de Traballo das Seccións de Psicoloxía e Saúde e Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Facendo encontro, tecendo rede”.

Trátase dunha Xornada que se celebrará o día 19 de outubro de 2024 en Santiago de Compostela e en modalidade online:

23/9/2024

Convenio de Colaboración entre o Banco Sabadell e o COPG

O 9 de xullo de 2024, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e o Banco Sabadell asinaron un importante acordo de colaboración.

Este convenio entre o COPG e Sabadell Professional/Banco Sabadell permitirá á entidade bancaria facilitar o acceso a unha ampla gama de produtos e servizos financeiros. A través deste acordo, tanto os colexiados como os seus familiares de primeiro grao poderán beneficiarse destas vantaxes exclusivas.

19/9/2024

O COPG reúnese co Conselleiro de Sanidade

O 11 de setembro, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), Mª Rosa Álvarez Prada, xunto co presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde, Xacobe Abel Fernández García, e o vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, mantiveron unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a atención e a falta de recursos asistenciais en saúde mental no Sergas, así como para trasladarlle a inquietude pola aposta decidida da psicoloxía clínica na atención primaria, o reforzo das Unidades de Saúde Mental, ou a urxencia de incrementar o número de prazas

12/9/2024

Programa Kit Dixital: creación dun sitio web personalizado para as persoas colexiadas do COPG

O Kit Dixital é un programa dirixido a profesionais autónomos e pequenas empresas, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais, mellorando así o seu nivel de madurez dixital.

O axente dixitalizador autorizado, Miguel Maroño, ofrece ás persoas colexiadas do COPG interesadas nesta iniciativa a oportunidade de contar co desenvolvemento do seu sitio web, ademais de ter acceso a un servizo de apoio completo para todos os trámites burocráticos relacionados coa solicitude da subvención e a posterior xustificación.   

18/7/2024

Certificados EuroPsy

En relación coas novas solicitudes dos Certificados EuroPsy (Básico), EuroPsy Especialista en Psicoterapia (vía ordinaria), EuroPsy Especialista en Traballo (vía ordinaria) e EuroPsy Especialista en Deporte (vía ordinaria e veteranos), e co fin de facilitar e axilizar o proceso de novas solicitudes, infórmase que desde o día 1 de xullo de 2024 habilitouse unha web EuroPsy, á cal podes acceder a través da seguinte ligazón Certificado EuroPsy.

9/7/2024

Páxinas

Subscribe to