AVISO: O MICIU desminte que exista un prazo para obter o certificado de correspondencia de títulos universitarios

Ollo! Se recibes esta mensaxe é un bulo. O prazo está aberto de xeito permanente. 

Desde o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades desminten a información difundida estes días por Whatsapp, non hai un prazo para obter o certificado de correspondencia MECES de títulos universitarios. A sede electrónica está aberta permanentemente e o trámite non é obrigatorio.

Frea o bulo: NON compartas sen verificar.

9/2/2026

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia condena o asasinato machista cometido en Mos

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato cometido este domingo en Mos e que se está a investigar como violencia de xénero, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima. Desde este Colexio reitérase o total rexeitamento a calquera tipo de violencia psicolóxica, física ou sexual contra as mulleres, e que xa custou a vida de cinco mulleres no que vai de ano en Galicia.

2/2/2026

«Unha ollada sobre pobreza e saúde mental» - Tempo da Psicoloxía

A oitava edición de Tempo da Psicoloxía desenvolverase os días 24 e 25 de febreiro, que leva por título «Unha ollada sobre pobreza e saúde mental», a través dunha palestra e unha conferencia organizadas conxuntamente entre a Facultade de Psicoloxía e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Como é habitual, estará aberto a todo o público interesado, con carácter gratuíto, e poderá seguirse de xeito presencial no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía así como en liña, vía streaming a través da web https://tempodapsicoloxia.gal/.

28/1/2026

V Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, convoca a V edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, co que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía.

Están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.

A primeira é o Premio Xornalístico do COPG, ao que poderán concorrer os e as xornalistas que publicasen ou emitisen algún traballo en relación coa Psicoloxía.

23/1/2026

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o 30º aniversario do GIPCE cunha exposición fotográfica

O que hoxe coñecemos como GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG tivo a súa orixe nun momento de incerteza social. No ano 1996, unha serie de movementos sísmicos na zona de Triacastela sementaron o temor entre a poboación. Ante aquela necesidade, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) creou o Grupo de Traballo sobre Protección Civil, a semente dun servizo que hoxe é un piar fundamental na asistencia de crises en Galicia.

21/1/2026

Boletín Infocop TV – Programa 43 do Consejo General de la Psicología

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia informamos da publicación do Boletín Infocop TV – Programa 43, do Consejo General de la Psicología.

Neste programa preséntanse contidos de actualidade e interese para a profesión psicolóxica, con información relevante relacionada coa práctica profesional, a investigación e a realidade social na que intervén a psicoloxía.

12/12/2025

Páxinas

Subscribe to