Sesión formativa "Valoración psicolóxica e trastornos mentais en relación á seguridade viaria"

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a sesión formativa “Valoración psicolóxica e trastornos mentais en relación á seguridade viaria”, que se celebrará o día 7 de xuño no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obxectivo desta sesión formativa é adoptar coñecementos básicos en saúde mental para a interpretación de informes psicolóxicos destinados á valoración da idoneidade de cara á condución de vehículos de uso persoal.

8/5/2025

Convocatoria de becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2025-2026

Informamos de que foi publicado no BOE do 25 de abril de 2025 a convocatoria de becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2025-2026.

Estas axudas van asociadas a trastornos graves da conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH ou TEA.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o 30 de abril de 2025 ata o 11 de setembro de 2025, ambos inclusive.

30/4/2025

O COPG participa no Simposio de Unión Profesional de Galicia cunha mesa sobre saúde mental

O vindeiro sábado 10 de maio, Unión Profesional de Galicia - da que o COPG forma parte - organiza o I Simposium de Innovación Tecnolóxica e Compromiso Social.

Desde o COPG organizamos a mesa "A saúde mental na encrucillada", que abrirá o programa ás 11.00 h, e que coordina Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e Vicepresidenta primeira de Unión Profesional de Galicia. Os participantes da mesa son:

25/4/2025

Curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”

A Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Violencia Vicaria: A violencia de xénero máis perversa e cruel contra as nais”,  que se celebrará o 23 e 24 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos adquirir coñecementos para a detección e abordaxe acerca da área de coñecemento tratada, fomentando a interacción e a aprendizaxe práctica das persoas participantes.

9/4/2025

Xornada “A ansiedade no eido educativo”

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “A ansiedade no eido educativo”, que se celebrará o día 10 de maio de 2025, en modalidade presencial, no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e en modalidade online, a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

A Xornada ten como obxectivos coñecer como se manifesta a ansiedade nos contextos educativos e pautas para abordala e conseguir desenvolver intervencións exitosas sobre ela.

20/3/2025

Programa Kit Dixital: creación dun sitio web personalizado para as persoas colexiadas do COPG

O Kit Dixital é un programa dirixido a profesionais autónomos e pequenas empresas, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais, mellorando así o seu nivel de madurez dixital.

O axente dixitalizador autorizado, Miguel Maroño, ofrece ás persoas colexiadas do COPG interesadas nesta iniciativa a oportunidade de contar co desenvolvemento do seu sitio web, ademais de ter acceso a un servizo de apoio completo para todos os trámites burocráticos relacionados coa solicitude da subvención e a posterior xustificación.   

18/7/2024

Páxinas

Subscribe to