Ampliación dos horarios do servizo de cita previa para a atención presencial no COPG

10/9/2020

A partir do 10 de setembro o COPG amplía os horarios de atención presencial no sistema de cita previa para aqueles trámites que non sexa posible realizar de maneira telemática.

O horario de atención é

  • Luns, martes e mércores: de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas
  • Xoves e venres: de 10 a 14 horas

Podes solicitar a cita previa por teléfono (981 534 049), por e-mail (copgalicia@copgalicia.gal) ou a través do formulario habilitado na páxina web

O persoal administrativo confirmará a posibilidade da cita, así como a maneira na que preparar a documentación, no caso de que sexa preciso.

É necesario seguir as recomendacións establecidas para a maior seguridade de todos e de todas.