Aviso sobre o proceso de vacinación contra a COVID-19

19/2/2021
Ao longo da xornada do xoves e de hoxe venres, confirmamos con varias das xerencias das EOXIs que se está iniciando o proceso de vacinación dos/as psicólogos/as sanitarios/as que comunicaron os seus datos ao COPG no prazo aberto en xaneiro. 
 
Se é o teu caso, nestes días recibirás a citación no teu teléfono móbil, ben por SMS ou ben a través de chamada telefónica. 
 
Se non comunicaches os teus datos no prazo aberto ata o 15 de xaneiro, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estamos reclamando ao SERGAS que nos permita comunicar os datos de máis colexiados e colexiadas, polo que tan pronto nos sexa posible, enviaremos o pertinente aviso.