«Unha ollada sobre pobreza e saúde mental» - Tempo da Psicoloxía
A oitava edición de Tempo da Psicoloxía desenvolverase os días 24 e 25 de febreiro, que leva por título «Unha ollada sobre pobreza e saúde mental», a través dunha palestra e unha conferencia organizadas conxuntamente entre a Facultade de Psicoloxía e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Como é habitual, estará aberto a todo o público interesado, con carácter gratuíto, e poderá seguirse de xeito presencial no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía así como en liña, vía streaming a través da web https://tempodapsicoloxia.gal/.
V Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, convoca a V edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, co que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía.
Están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.
A primeira é o Premio Xornalístico do COPG, ao que poderán concorrer os e as xornalistas que publicasen ou emitisen algún traballo en relación coa Psicoloxía.
Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde
Informámosche que a próxima sesión do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, celebrarase online o martes 17 de febreiro de 9:30 a 11:30 horas.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o 30º aniversario do GIPCE cunha exposición fotográfica
O que hoxe coñecemos como GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG tivo a súa orixe nun momento de incerteza social. No ano 1996, unha serie de movementos sísmicos na zona de Triacastela sementaron o temor entre a poboación. Ante aquela necesidade, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) creou o Grupo de Traballo sobre Protección Civil, a semente dun servizo que hoxe é un piar fundamental na asistencia de crises en Galicia.
Curso “Organizacións que coidan: mediación e psicoloxía aplicada aos conflitos laborais”
A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Organizacións que coidan: mediación e psicoloxía aplicada aos conflitos laborais”, que se celebrará o día 31 de xaneiro de 2026 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Monográfico 45 Aniversario do COPG
Con motivo da celebración do 45 aniversario do COPG, convidámosvos, as persoas colexiadas, a formar parte dunha publicación conxunta que recolla a memoria, o presente e os soños de futuro do noso Colexio.
O lema “Do antonte ao pasadomañá” lévanos a pensar que cada colexiada e cada colexiado, como parte viva da historia e do porvir do COPG, tedes moito que achegar: inquedanzas, recordos, reflexións, loitas, palabras… e tamén silencios. A escoita, a observación, a lectura e o compromiso forman parte do que somos como profesionais e como comunidade.
3ª edición - Curso "Psicoterapia en trauma relacional"
*PRAZAS ESGOTADAS*
Nova edición do curso “Psicoterapia e trauma relacional”, organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
Esta 3ª edición celebrarse o 30 de xaneiro de 2026 no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Boletín Infocop TV – Programa 37 do Consejo General de la Psicología
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia informamos da publicación do Boletín Infocop TV – Programa 37, do Consejo General de la Psicología.
Neste programa preséntanse contidos de actualidade e interese para a profesión psicolóxica, con información relevante relacionada coa práctica profesional, a investigación e a realidade social na que intervén a psicoloxía.
Páxinas
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »


