Curso "Manexo dos pacientes difíciles. Perfeccionamento no tratamento dos trastornos da personalidade"

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Manexo dos pacientes difíciles. Perfeccionamento no tratamento dos trastornos da personalidade”, que se celebrará os días 12 e 13 de setembro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

19/6/2025

Proclamación definitiva de resultados - Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Educativa, comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral:

Con data 12 de xuño de 2025, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:     

12/6/2025

Día Mundial da Bicicleta

O Día Mundial da Bicicleta celebrase cada 3 de xuño, coa finalidade de visibilizar a importancia dun medio de transporte ecolóxico, saudable e sostible.

O Barómetro da Bicicleta 2024 (GESOP, 2024) é o maior estudo no ámbito estatal sobre o uso deste medio sostible. Impulsado pola Red de ciudades y Territorios por la Bicicleta (RedBici), conclúe que case un cuarto da poboación emprega a bicicleta semanalmente (22,8€) e case a metade da poboación (48,2 %) a usa nalgunha ocasión.

3/6/2025

Curso Especializado en Avaliación e Intervención en Violencia de Xénero

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza en Ribeira un Curso Especializado para a Avaliación e Intervención en Violencia de Xénero, que se celebrará do 9 ao 11 de xullo de 2025 no Auditorio Municipal de Ribeira (Rúa Portugal, 3, 15960 Ribeira, A Coruña).

26/5/2025

Convocatoria: Bolsa para estadía no Colexio Maior San Agustín dirixida a familiares ou persoas con dano cerebral adquirido

Dano Cerebral Galicia, en colaboración co Colexio Maior San Agustín, convoca unha bolsa destinada a estudantes de novo ingreso na Universidade de Santiago de Compostela (curso 2025/2026) que teñan dano cerebral adquirido ou sexan familiares convivintes dunha persoa con DCA, destinada á estadía universitaria durante o curso 2025/2026, que comeza en setembro.

14/5/2025

Páxinas

Subscribe to