Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

1/8/2025

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2021, a Xunta Directiva, na súa reunión de 26 de xuño de 2025, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA E SAÚDE DO COPG.

A data da Xornada Electoral será o VENRES, 7 DE NOVEMBRO DE 2025 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo presidente, a secretaria e unha vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.

Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Psicoloxía e Saúde

Calendario electoral

Normas de voto