Proclamación definitiva da candidatura á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

A Comisión Electoral do COPG, na súa reunión do 12 de agosto de 2020, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, efectuada por esta Comisión o 29 de xullo pasado, e non téndose presentado ningunha outra,

ACORDA

1.- Proclamar con carácter definitivo a candidatura á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia proclamada provisionalmente.

12/8/2020

Proclamación provisional candidaturas eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

A Comisión Electoral do COPG, na súa reunión do 29 de xullo de 2020, unha vez examinada a documentación presentada para concorrer ás eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia,

 ACORDA

 1.- Proclamar provisionalmente como válida a candidatura presentada e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos:

29/7/2020

Programa Psicoeducativo para a Postemerxencia en Centros Educativos

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través dun Grupo de Traballo creado par este fin, vén de elaborar un Programa Psicoeducativo para a Postemerxencia en Centros Educativos, dirixido a dotar de ferramentas para os e as profesionais da psicoloxía, que permita traballar co alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, na próxima volta ás aulas, e que permita procesar e integrar a experiencia da pandemia da COVID-19.

21/7/2020

Actualización de axudas pola COVID-19 e plataforma gratuíta de telepsicoloxía

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia actualizamos a información relativa ás axudas públicas para profesionais autónomos/as para paliar os efectos económicos derivados da COVID-19.

As medidas que comunicamos previamente foron:

- Real Decreto-lei 24/2020, de 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial: https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/27/pdfs/BOE-A-2020-6838.pdf

13/7/2020

O COPG participa no acto de homenaxe ás vítimas da COVID-19, organizado polos 29 colexios profesionais sanitarios

 
Os 29 colexios profesionais sanitarios de Galicia, que aglutinan a quince profesións, reuníronse, por primeira vez na súa historia, nun acto conxunto e decidiron, por unanimidade, organizar unha homenaxe ás vítimas da COVID-19, o 28 de xullo, ás once da mañá, que terá como marco o Salón Nobre do Pazo de Fonseca, cedido para a ocasión polo reitor da USC, Antonio López. 
 
1/7/2020

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia considera un desatino o bono de 250 euros da Xunta de Galicia para profesionais sanitarios

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia considera unha medida desatinada e de cariz electoralista a anunciada desde a Xunta de Galicia de gratificar a 20.000 profesionais da sanidade, das residencias, dos centros de maiores e de atención á discapacidade cun bono de 250 euros.

23/6/2020

Páxinas

Subscribe to