A Xunta de Goberno fai público o seu resumo anual no que recolle a principal actividade realizada ao longo de 2024.
Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG
En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2021, a Xunta Directiva, na súa reunión de 30 de xaneiro de 2025, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA DO COPG.