Amplíase o prazo de inscrición ata o 23 de marzo
A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o obradoiro “Avaliación do risco e necesidades en nenos e nenas e adolescentes en situación de desprotección e conflito social”, que se celebrará o día 25 de marzo de 2023 na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.
O curso pretende profundar nos diferentes perfís de menores en situación de desprotección e conflito social, así como súas necesidades e consecuencias derivadas das situacións de vulnerabilidade, identificar e analizar os factores de risco e de protección máis relevantes de cara á prevención e intervención con menores no Sistema de Protección á Infancia e Adolescencia e no Sistema de Xustiza Xuvenil e dar a coñecer algunhas das ferramentas de avaliación do risco e nas necesidades que están a empregar na actualidade en Galicia con menores en situación de desprotección e conflito social.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de marzo, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.