Sentarmos xunt@s - nova edición

3/9/2021

 

Desde o Espazo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia poñemos en marcha unha nova edición de "Sentarmos Xunt@s", un espazo semanal de encontro para practicar mindfulness.

A partir do 19 de outubro, os martes ás 20:00 horas realizarase unha práctica guiada de mindfulness por parte dun psicólogo ou psicóloga, que será aberta ao público en xeral.

Podes inscribirte de xeito gratuíto cubrindo o formulario no enlace i.gal/mindfulnessCOPG.