Enquisa sobre "Saúde laboral da poboación asalariada"
O Laboratorio de Riscos Psicosociais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está a desenvolver unha investigación sobre a "Saúde laboral da poboación asalariada", coa que se busca avanzar no coñecemento sobre como diferentes tipos de demandas laborais afectan á saúde mental e ao benestar das persoas traballadoras.
O obxectivo é analizar como determinadas condicións psicosociais do traballo poden ser percibidas como retos ou como obstáculos, e como esa percepción inflúe no burnout, o engagement, o malestar psicolóxico ou o desempeño laboral.