O Movemento Galego de Saúde Mental alerta de que en Galicia se erxistra casi un morto ao día por suicidio

O Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM), do que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia forma parte, reivindica que as mortes por suicidio é un dos problemas máis importantes da saúde pública, xa que o número de mortos en Galicia por esta causa en 2015 multiplicou por 3,5 os rexistrados en sinistros de tráfico. Este colectivo afianza que este problema é moi grave. Por este motivo lanzaron unha campaña de sensibilización "Badaladas pola prevención do suicidio", que apela a toda a sociedade e reclaman a Xunta de Galicia a desenvolver de forma "urxente" un Plan Galego de Prevención do Suicidio.