Obradoiro “Cambios na fala, cambios na mente”

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou este sábado o obradoiro "Cambios na mente, cambios na fala", que se centrou en desmontar os estereotipos na linguaxe asociados ás persoas maiores. O material foi elaborado polas psicólogas Mercedes Lijó Reboiras e Encarna Álvarez Gallego, e con el queren poñer de manifesto a  necesidade de concienciar e de crear alternativas á forma de falar cando nos referimos ao amplo colectivo de xente maior.