Os pasados días 1 e 2 de febreiro, celebrouse na Facultade de Psicoloxía, o curso "Intervención Psicolóxica na Conduta Suicida", organizado polo GIPCE.
Galería
A Sección de Psicoloxía Xurídica en colaboración coa Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou o Obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”, que se celebrou o día 15 de decembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O día 15 de decembro de 2018, celebrouse na sede colexial o “Obradoiro Mellora do benestar de persoas con demencia mediante o manexo da conduta adecuada das alteracións. Centrándonos na persoa, non na alteración” organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
A Comisión Intersectorial de Mediación do COPG, organizou o “II Curso de Mediación Civil e Mercantil”, que se celebrou entre o 15 de setembro e o 1 de decembro de 2018, na sede colexial.
O obxectivo xeral da actividade foi dotar de coñecementos aos asistentes para desenvolver procedementos de mediación nos ámbitos civís e mercantís.
O pasado 1 de decembro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar o II Encontro de Psicoloxía e Tecnoloxía “Innovación tecnolóxica e roles profesionais”, un espazo de intercambio e reflexión sobre a profesión e as novas oportunidades que achega a innovación tecnolóxica.
Os días 23 e 24 de novembro de 2018, celebráronse no Carballiño (Ourense), as XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co título “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”.
A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Xornada “A convivencia nos centros educativos é tarefa de toda a comunidade”, que se celebrou o 22 de novembro de 2018, na sede colexial.
A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, celebrou a Xornada “A convivencia nos centros educativos é tarefa de toda a comunidade”, o pasado 22 de novembro de 2018, na sede colexial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »