Novas

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia renova o convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a atención ás mulleres que sofren violencia de xénero e homes con problemas de control de violencia

Este luns 24 de xullo levouse a cabo en Santiago de Compostela a sinatura do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a atención a mulleres que sofren violencia de xénero (PAPMVX) e para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar (Abramos o Círculo).

26/7/2017

Reunión coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia

O 11 de novembro, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, mantivo unha xuntanza co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, fin de tratar da situación económica do Programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero (PAPMVX) e do Programa "Abramos o Círculo".

5/12/2016

nAmorAndo

A colexiada Jone Ojeda Psicóloga estivo a realizar con varios centros da cidade de Concello De Pontevedra o Programa nAmorAndo para rachar cos mitos do amor romántico, detectar relacións baseadas na desigualdade e previr a violencia machista.

Velaquí o resultado neste vídeo: [pincha aquí]

1/12/2016

Actividades do COPG con motivo do 25N

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizamos e participamos en diversas actividades co gallo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora este 25 de novembro.

Estamos a participar na campaña Compostela en Negro, que organiza o Concello de Santiago de Compostela, así que ata o día 30 de novembro a cristaleira da nosa sede mostrará as mensaxes que visibilizan o impacto da violencia contra a muller.

24/11/2016

Declaración institucional con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

Neste 25 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta o seu total rexeitamento a calquera forma de violencia física, psicolóxica ou sexual, exercida contra a muller, ao mesmo tempo que desexa trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias e persoas próximas ás vítimas desta terrible lacra que custou a vida a 40 mulleres este ano, ademais de oito casos máis en investigación.

25/11/2016