X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental
O vindeiro 18 de outubro de 2025, Santiago de Compostela acollerá a X Xornada do Movemento Galego da Saúde Mental, baixo o lema: “Nin manicomio nin intemperie: un fogar. Por unha vivenda digna, accesible e suficiente.”
17 prazas de Psicoloxía Clínica na OPE do SERGAS de 2025
Este 3 de xullo, a Consellería de Sanidade publicou a súa oferta pública de emprego (OPE) correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia para o ano 2025.
Nela vén recollida a convocatoria de 17 prazas para especialistas en Psicoloxía Clínica.
Curso "Condutas disociais de menores inumputables: Como intervir máis aló de delito"
A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Condutas disociais de menores inimputables: Como intervir máis aló do delito”, que se celebrará o día 11 de outubro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Programa Kit Dixital: creación dun sitio web personalizado para as persoas colexiadas do COPG
O Kit Dixital é un programa dirixido a profesionais autónomos e pequenas empresas, que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais, mellorando así o seu nivel de madurez dixital.
O axente dixitalizador autorizado, Miguel Maroño, ofrece ás persoas colexiadas do COPG interesadas nesta iniciativa a oportunidade de contar co desenvolvemento do seu sitio web, ademais de ter acceso a un servizo de apoio completo para todos os trámites burocráticos relacionados coa solicitude da subvención e a posterior xustificación.
Certificados EuroPsy
En relación coas novas solicitudes dos Certificados EuroPsy (Básico), EuroPsy Especialista en Psicoterapia (vía ordinaria), EuroPsy Especialista en Traballo (vía ordinaria) e EuroPsy Especialista en Deporte (vía ordinaria e veteranos), e co fin de facilitar e axilizar o proceso de novas solicitudes, infórmase que desde o día 1 de xullo de 2024 habilitouse unha web EuroPsy, á cal podes acceder a través da seguinte ligazón Certificado EuroPsy.
Kit Dixital - ATA Autónomos e Consejo de la Psicología de España
Tras a firma do acordo entre ATA Autónomos e o Consejo de la Psicología de España, ATA ofrece aos profesionais da psicoloxía un servizo de xestión integral nas axudas para dixitalizar o negocio, dentro do programa Kit Dixital, dirixidas a todas as persoas traballadoras autónomas e empresas.
Certificado pedagóxico e didáctico
Infórmase de que os/as licenciados/as en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), ou calquera outra universidade, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, poden solicitar o certificado pedagóxico e didáctico nas instancias administrativas da propia universidade.
Podes acceder aquí aos arquivos coa normativa e modelo de solicitude: [acceder]
Sede electrónica do COPG
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) pon en funcionamento a súa sede electrónica. Un sistema seguro e que substituirá, para quen así o elixa, a notificación en papel ou por correo electrónico.
Podes acceder no seguinte enlace: https://sede.copgalicia.gal/
Para resolver calquera dúbida ou aclaración sobre esta cuestión, podes contactar na dirección electrónica copgalicia@copgalicia.gal
Páxinas
